5/5/10

Paula Vázquez con CUATRO televisión no noso territorio

Este xoves Paula Vázquez estará gravando en Ferrol-Ortegal para un novo programa que vai estrear a cadea nacional de televisión CUATRO. 
A nosa paisana volve ó seu territorio para presentar a todo o país lugares tan impresionantes e naturais cos que conta a comarca galega, así como o magnífico mar infinito que rodea a costa norte da provincia da Coruña. 
Para ter máis información sobre o novo programa visitar a páxina oficial da cadea: http://www.cuatro.com/









Preparando os Menús Turísticos

Estamos reeditando os Menús Turísticos para que os restaurantes que queiran participar nesta iniciativa, oferten no seu local os menús que eles elixan.


Reunidas nesta dúas comarcas temos todas as características que dan fama desde o punto de vista gastronómico a toda Galicia: materias primas de calidade e excelente cociña. E este é o destino ideal para degustar unha mostra da cociña do máis alto nivel.

Presentación Ferrol-Ortegal en BEC

O día 6 de maio comenza Expovaciones que estará aberto ata o día 9 en BEC, Bilbao Exhibition Centre, donde poderáse gozar e coñecer as maravillas que teñen outros lugares tanto dentro como fora de España. 

Este venres 7 de maio, faráse unha presentación no mesmo recinto ferial sobre os bonos de Tempo de Lecer, os cales ofrecen unha serie de actividades e aloxamentos por toda a zona de Ferrol e Ortegal. 

Para máis información visitar a páxina web: www.tempodelecer.com