28/9/09

A promoción turística da comarca a través dos profesionais da comunicación

Un grupo de profesionais da comunicación visitaron esta fin de semana as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal invitados polo Plan de Dinamización turística Ferrol Ortegal. Os profesionais estiveron en Ferrol, San Andrés de Teixido,A Fervenza do Belelle, as conserveiras de Cariño e os cantís de Teixido.
Esperamos que nestes días nos diferentes medios de comunicación estes visitantes fagan referencia ao noso territorio.

21/9/09

Empresarios de Ferrol Ortegal acuden a Cataluña para coñecer as experiencias sobre o turismo industrial















Un grupo de empresarios e representantes de diferentes administracións acudiron a semana pasada a Cataluña para ver in situ a explotación do turismo industrial que están levando a cabo con grande éxito. A visita encabezada polo vicepresidente da Diputación, Pablo Villamar, e integrada por representantes da Cámara de Comercio e do Plan de Desenvolvemento do Produto Turístico Ferrol Ortegal, ten como principal obxectivo coñecer as experiencias das empresas que participan no programa catalán Industria Viva, e que emprega o patrimonio industrial como fonte de promoción turística.

A delegación visitou a sede da "Red de Turismo de Cataluña", donde Pablo Villamar adiantou que a Diputación provincial contempla desde fai tempo «o coñecimento con fins turísticos de procesos industriais de enorme importancia na comarca de Ferrolterra» e anunció que a viaxe «servirá para darlle un impulso ao turismo industrial» na zona.

Haberá oportunidade de visitar a empresa Stora Enso, especializada na producción de papel e cartón reciclado, unha planta de biogás, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de Cataluña, o Centro de Diseño e Loxística de Mango, o máis grande de Europa, o Museo do Cobre e o Museo Industrial do Ter, unha antiga fábrica textil da comunidade.

15/9/09

Publícase o concurso para a mellora da sinalización en Ferrol Ortegal

O Plan de Dinamización Turística Ferrol Ortegal, saca a concurso (12 de setembro BOE)a primeira fase do proxecto para mellorar a sinalización dos recursos dos servizos ao visitante en Ferrolterra e Ortegal.
A iniciativa contempla a colocación dun millar de indicadores, segundo o proxecto inicial, xurde tras un profundo estudo nas dúas comarcas.

11/9/09

Reportaxe na revista "Destino Rural"

A revista Destino Rural publicou unha reportaxe sobre Ferrol-Ortegal o pasado mes de agosto, onde se reflicte o marabilloso que é o noso territorio.
http://revista.destinorural.com/pdf/DR02/ferrol.pdf

Sensibilización co Turismo Industrial

Conscentes do que suporía para as comarcas de Eume-Ferrol-Ortegal o desenvolvemento dun produto de turismo industrial, tan en auxe noutros territorios pero relativamente innovador en Galicia, o PDPT Ferrol-Ortegal xunto coa Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio e Asociación de Hostalería de Ferrol realizarán unha viaxe de estudo a Cataluña o próximo 16 de setembro.
Na viaxe, á que se invitou aos responsables dos principais recursos industriais do territorio, coñecerase o proxecto Industria Viva que se está a desenvolver pola Xarxa de Turisme Industrial de Catalunya e visitarase Stora Enso (empresa especializada en produción de papel-cartón reciclado), o Museu Nacional de la Ciència i de la Tècnica de Catalunya (Antigo “Vapor Aymerich Amat & Jover”), o Centro de Deseño e loxística de Mango (O centro de deseño máis grande de Europa), a Planta de Biogàs de APERGAS, en Vilademuls, o Museu del Coure (Museo do cobre), a fundición de La Farga Lacambra, en Masies de Voltregà e o Museu Industrial del Ter.
A intención desta visita técnica e que os axentes sociais do territorio veñan sensibilizados co turismo industrial e cos beneficios que supón o seu desenvolvemento tanto para as súas empresas e institucións coma para o destino Eume-Ferrol-ortegal

2/9/09

O tren turístico Ferrol Ortegal en que ampliar os seus servizos en setembro







O Tren Turístico Ferrol-Ortegal fará unha viaxe excepcional fóra da tempada con 220 persoas o fin de semana do 12 e 13 de setembro, e así o comentou Pilar López, xerente do Plan de Dinamización do Produto Turístico (PDPT) Ferrol Ortegal a un diario local.

FEVE amplía así este servizo pola alta demanda turística deste produto nun mes onde non se tiñas previsto realizar a viaxe de maneira regular.

O tren turístico Ferrol Ortegal está na súa terceira tempada. Durante cada fin de semana de xullo e agosto percorre unha das comarcas máis descoñecidas de Galicia con visitas en Ferrol, Ortigueira, Cariño, Cabo Ortegal, Santo André de Teixido e Cedeira.

Comeza o sábado pola mañá en Ribadeo, durante tres horas percorre o traxecto que o leva ata Ferrol arredor do mediodía. Aquí se fai unha visita guiada pola cidade, o castelo de San Felipe y un paseo pola ría de Ferrol. Tras pasar a noite nun hotel de Ferrol, o domingo se regresa a Ortigueira, visitando Cariño, Cedeira e Santo André de Teixido.

1/9/09

Presentación do libro titulado Faragulliña dedicado ao afamado pan de Neda

Pablo Villamar presentará o xoves día 3 de setembro en Neda ás 20.00horas o libro de Xoán García adicado ao pan de Neda, no marco do programa turístico Ruta do pan de Neda, do Plan de Dinamización Turística Ferrol-Ortegal. Haberá unha sesión de contacontos por parte de Sabela Amado, que fará unha lectura da obra.

Este libro consiste nun conto infantil en verso no que fala dos produtos da panadería como se foran personaxes vivos que contan as súas aventuras.
Ao acabar, se lles regalará aos cativos un exemplar da obra e haberá degustación dos produtos típicos de Neda. O grupo musical Zoar do Vento, interpretará cancións relacionadas co nomeado pan de Neda, cuxa festa anual celebraráse este domingo no paseo marítimo, na zona do albergue de peregrinos.