17/6/09

Video Promocional do PDPT Ferrol-Ortegal

Video Promocional do PDPT Ferrol-Ortegal. O destino turístico comprende as comarcas de Ferrol-Ortegal. (concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Somozas, San Sadurniño e Valdoviño). En concreto a zona do noroeste da provincia da Coruña. Destino máxico, de natureza salvaxe e entornos pouco masificados e ben conservados.

6/6/09

Ruta do Pan de Neda



Onte comezamos as viaxes regulares para realizar a "Ruta do Pan de Neda". Ata o día 4 de setembro todos os venres do verán contaremos con este servizo regular de visitas guiadas a través dos fornos nedenses, muíños e, como non, da Fervenza do Belelle, a razón de ser de esta tradición panadeira na vila.
As viaxes serán comercializadas polos diferentes establecementos turísticos do territorio das comarcas de Ferrol e Ortegal.
A ruta terá un custo de 10 euros/pax. Para nenos e nenas de todas as idades é gratuíto.

Desde o PDPT Ferrol-Ortegal queremos agradecer a súa colaboración ao Concello de Neda, á empresa Motus, á empresa Fertur e como non aos forneiros e forneiras de Neda (
Santa Rita, O Carrizo, La Gallega, La Nueva, José Castro e Roberto González), sen os cales non sería posible a configuración deste produto turístico. Para máis información www.turismoferrolortegal.com