31/7/09

O PDPT Ferrol Ortegal achega fondos para construir a Área Recreativa do Toxo na serra da Capelada

Pablo Villamar estivo onte en Cedeira donde explicou que no pasado pleno da Deputación aprobouse un convenio de colaboración co Concello de Cedeira, en virtude do cal a administración provincial colaborará na mellora do acondicionamento dalgúns servizos do pavillón municipal, como a climatización da piscina -actualmente en obras- e a dotación vestiarios no recinto, entre outras.
A achega provincial para esta intervención, orzamentada en 405.000 euros, é de 350.000, a práctica totalidade do gasto.
Pablo Villamar percorreu as instalacións deportivas e tamén visitou os terreos nos que se construirá a Área Recreativa do Toxo, intervención que se levará a cabo con fondos do Plan de Dinamización na serra da Capelada. Villamar confía en que esta obra, en proceso de licitación, poida acometerse despois do verán, “para que esté lista no Xacobeo”. O vicepresidente da Deputación tamén incidiu na importancia doutros proxectos que se acometerán na vila cedeiresa como unha ruta á capela de San Antón e novas intervencións na estrada de Santo André de Teixido. “Xa temos os proxectos e esperamos poder acometelos pronto”, explicou Pablo Villamar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario