9/7/10

PRESENTACIÓN DE UNA NUEVA GUÍA DE FERROL, EUME Y ORTEGAL

El día 7 de julio tuvo lugar en FIMO, en el stand de la Diputación Provincial de A Coruña, la presentación de la guía de Ferrol, Eume y Ortegal, destinada a los alojamientos turísticos de estas tres comarcas. Este proyecto ha sido promovido por la Diputación Provincial, la Asociación de Hosteleros de Ferrol y Comarcas, la Cámara de Comercio y el Ministerio de Industria y Turismo. Esta guía está elaborada con el objetivo de potenciar éstas tres comarcas en todos sus sentidos: cultural, social y económico, y así de este modo facilitar a los tursitas el acceso a la información turística de la zona.

5/5/10

Paula Vázquez con CUATRO televisión no noso territorio

Este xoves Paula Vázquez estará gravando en Ferrol-Ortegal para un novo programa que vai estrear a cadea nacional de televisión CUATRO. 
A nosa paisana volve ó seu territorio para presentar a todo o país lugares tan impresionantes e naturais cos que conta a comarca galega, así como o magnífico mar infinito que rodea a costa norte da provincia da Coruña. 
Para ter máis información sobre o novo programa visitar a páxina oficial da cadea: http://www.cuatro.com/









Preparando os Menús Turísticos

Estamos reeditando os Menús Turísticos para que os restaurantes que queiran participar nesta iniciativa, oferten no seu local os menús que eles elixan.


Reunidas nesta dúas comarcas temos todas as características que dan fama desde o punto de vista gastronómico a toda Galicia: materias primas de calidade e excelente cociña. E este é o destino ideal para degustar unha mostra da cociña do máis alto nivel.

Presentación Ferrol-Ortegal en BEC

O día 6 de maio comenza Expovaciones que estará aberto ata o día 9 en BEC, Bilbao Exhibition Centre, donde poderáse gozar e coñecer as maravillas que teñen outros lugares tanto dentro como fora de España. 

Este venres 7 de maio, faráse unha presentación no mesmo recinto ferial sobre os bonos de Tempo de Lecer, os cales ofrecen unha serie de actividades e aloxamentos por toda a zona de Ferrol e Ortegal. 

Para máis información visitar a páxina web: www.tempodelecer.com

20/4/10

Ferrol-Ortegal en SITC

Saló Internacional del Turisme a Catalunya - SITC 2010Ferrol-Ortegal estivo no Salón Internacional de Turismo de Cataluña (SITC) dende o 15 ó 19 de abril de 2010. O espacio reservado para a comarca dentro do stand de Turgalicia, ofrecía todo tipo de información sobre a zona e os bonos de Tempo de Lecer, así como dos Trenes Turísticos do Norte. 

3/3/10

Instalación de Mupis en San Sadurniño e Cerdido

No mes de marzo instaláronse varios mupis na nosa comarca, un no concello de San Sadurniño e outro no de Cerdido. Estes mupis consisten en carteis ubicados na rúa cos que se facilita información turística os transeúntes.


11/2/10

FÓRUM GASTRONÓMICO

O Fórum Gastronómico é un congreso pioneiro que se celebra desde o ano 1999. Aínda que naceu como congreso profesional de cociñeiros, hoxe en día trátase dun punto de encontro imprescindible para empresas agroalimentarias, cociñeiros, profesionais e restauradores; así como unha feira de produtos de alta calidade tanto en alimentación como bebidas, publicacións, utensilios ou maquinaria.
Este ano 2010 celébrase en Santiago de Compostela no Recinto Feiral do 20 ó 24 de Febreiro e como non, o Plan de Dinamización de Produto Turístico Ferrol-Ortegal non podía faltar a esta cita que se converteu en ineludible.
O PDPT Ferrol-Ortegal acudirá para dar a coñecer os produtos gastronómicos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Así, todo aquel que se pase polo noso stand poderá descubrir a gran variedade gastronómica que o noso territorio ofrece, desde as nosas afamadas conservas, os nosos produtos da horta, as nosas carnes, os nosos queixos, a nosa repostería, o noso pan artesanal e así unha infinidade de produtos de exquisita calidade.
Ademáis, poderedes gozar das degustacións que faremos ao longo dos días en que se celebra o Fórum.
Non volo podedes perder, vémonos no Fórum Gastronómico!


16/12/09

CHÁMALLE COMO QUEIRAS

Benvidos ao concurso máis peliculeiro da tempada. Buscamos xente creativa que nos amose o mellor do entorno de Ferrol-Ortegal-Eume e do concello de Vilarmaior e nos suxira un nome atractivo para o territorio que abarca as tres comarcas.

Fai un vídeo con calquera dispositivo móbil: teléfono, cámara de fotos ou cámara de vídeo de non máis de 3 minutos de duración e participa! Poderás gañar premios moi interesantes.
Toda a información que precisas en www.chamallecomoqueiras.com

12/11/09

BENCHMARKING Á COMARCA DA SIDRA



O PDPT Ferrol Ortegal está a organizar unha viaxe de estudo para coñecer os proxectos que se están a levar a cabo nesa comarca.
Ata alí nos desplazaremos técnic@s de turismo, representantes políticos e divers@s empresari@s de varios sectores relacionados co turismo rural, hostalería, empresas de actividades e obradoiros e pequenas industrias agroalimentarias para tratar de conformar en Ferrol-Ortegal un produto turístico centrado na gastronomía propia entre tod@s

27/10/09

Un observatorio astronómico na batería aresana de A Bailadora


O Plan de Dinamización PDPT Ferrol Ortegal contribúe a esta iniciativa que se iniciou coa limpeza do contorno, desbroce e melloras na instalación militar. Agora pretendése facer un mirador e un observatorio astronómico. Neste concello de Ares tamén se está rehabilitando o monasterio de Santa Catalina que tamén foi cedido por defensa.



20/10/09

I Salón Turístico de Galicia, 27 e 29 novembro en Silleda

O Plan de Dinamización Turística de Ferrol-Ortegal (PDPT), estará presente en Silleda cun stand e promocionará especialmente a comarca de Ortegal, según Pilar López, xerente do plan turístico. Así no marco de Turexpo, a riqueza de Ortegal será o destino salientado de todos os que presentará a Xunta na próxima feira. Trátase dun entorno, ainda virxe, algo que por sí solo atrae a moitos visitantes. Conta con «recursos únicos» ademais é todavía relativamente descoñecida.

6/10/09

Ferrol Ortegal quere ser un destino turístico industrial


Tras a viaxe a Barcelona para coñecer de cerca o modelo de turismo industrial, os empresarios participantes na viaxe e o Vicepresidente da Deputación da Coruña mantiveron unha reunión para valorar a experiencia e sentar as bases para reproducila no noso territorio.
Según Villamar a iniciativa favorecerá ás empresas e ao futuro da comarca, a ruta do pan de Neda e o Arsenal Militar forman parte xa da iniciativa.

28/9/09

A promoción turística da comarca a través dos profesionais da comunicación

Un grupo de profesionais da comunicación visitaron esta fin de semana as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal invitados polo Plan de Dinamización turística Ferrol Ortegal. Os profesionais estiveron en Ferrol, San Andrés de Teixido,A Fervenza do Belelle, as conserveiras de Cariño e os cantís de Teixido.
Esperamos que nestes días nos diferentes medios de comunicación estes visitantes fagan referencia ao noso territorio.

21/9/09

Empresarios de Ferrol Ortegal acuden a Cataluña para coñecer as experiencias sobre o turismo industrial















Un grupo de empresarios e representantes de diferentes administracións acudiron a semana pasada a Cataluña para ver in situ a explotación do turismo industrial que están levando a cabo con grande éxito. A visita encabezada polo vicepresidente da Diputación, Pablo Villamar, e integrada por representantes da Cámara de Comercio e do Plan de Desenvolvemento do Produto Turístico Ferrol Ortegal, ten como principal obxectivo coñecer as experiencias das empresas que participan no programa catalán Industria Viva, e que emprega o patrimonio industrial como fonte de promoción turística.

A delegación visitou a sede da "Red de Turismo de Cataluña", donde Pablo Villamar adiantou que a Diputación provincial contempla desde fai tempo «o coñecimento con fins turísticos de procesos industriais de enorme importancia na comarca de Ferrolterra» e anunció que a viaxe «servirá para darlle un impulso ao turismo industrial» na zona.

Haberá oportunidade de visitar a empresa Stora Enso, especializada na producción de papel e cartón reciclado, unha planta de biogás, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de Cataluña, o Centro de Diseño e Loxística de Mango, o máis grande de Europa, o Museo do Cobre e o Museo Industrial do Ter, unha antiga fábrica textil da comunidade.

15/9/09

Publícase o concurso para a mellora da sinalización en Ferrol Ortegal

O Plan de Dinamización Turística Ferrol Ortegal, saca a concurso (12 de setembro BOE)a primeira fase do proxecto para mellorar a sinalización dos recursos dos servizos ao visitante en Ferrolterra e Ortegal.
A iniciativa contempla a colocación dun millar de indicadores, segundo o proxecto inicial, xurde tras un profundo estudo nas dúas comarcas.

11/9/09

Reportaxe na revista "Destino Rural"

A revista Destino Rural publicou unha reportaxe sobre Ferrol-Ortegal o pasado mes de agosto, onde se reflicte o marabilloso que é o noso territorio.
http://revista.destinorural.com/pdf/DR02/ferrol.pdf

Sensibilización co Turismo Industrial

Conscentes do que suporía para as comarcas de Eume-Ferrol-Ortegal o desenvolvemento dun produto de turismo industrial, tan en auxe noutros territorios pero relativamente innovador en Galicia, o PDPT Ferrol-Ortegal xunto coa Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio e Asociación de Hostalería de Ferrol realizarán unha viaxe de estudo a Cataluña o próximo 16 de setembro.
Na viaxe, á que se invitou aos responsables dos principais recursos industriais do territorio, coñecerase o proxecto Industria Viva que se está a desenvolver pola Xarxa de Turisme Industrial de Catalunya e visitarase Stora Enso (empresa especializada en produción de papel-cartón reciclado), o Museu Nacional de la Ciència i de la Tècnica de Catalunya (Antigo “Vapor Aymerich Amat & Jover”), o Centro de Deseño e loxística de Mango (O centro de deseño máis grande de Europa), a Planta de Biogàs de APERGAS, en Vilademuls, o Museu del Coure (Museo do cobre), a fundición de La Farga Lacambra, en Masies de Voltregà e o Museu Industrial del Ter.
A intención desta visita técnica e que os axentes sociais do territorio veñan sensibilizados co turismo industrial e cos beneficios que supón o seu desenvolvemento tanto para as súas empresas e institucións coma para o destino Eume-Ferrol-ortegal

2/9/09

O tren turístico Ferrol Ortegal en que ampliar os seus servizos en setembro







O Tren Turístico Ferrol-Ortegal fará unha viaxe excepcional fóra da tempada con 220 persoas o fin de semana do 12 e 13 de setembro, e así o comentou Pilar López, xerente do Plan de Dinamización do Produto Turístico (PDPT) Ferrol Ortegal a un diario local.

FEVE amplía así este servizo pola alta demanda turística deste produto nun mes onde non se tiñas previsto realizar a viaxe de maneira regular.

O tren turístico Ferrol Ortegal está na súa terceira tempada. Durante cada fin de semana de xullo e agosto percorre unha das comarcas máis descoñecidas de Galicia con visitas en Ferrol, Ortigueira, Cariño, Cabo Ortegal, Santo André de Teixido e Cedeira.

Comeza o sábado pola mañá en Ribadeo, durante tres horas percorre o traxecto que o leva ata Ferrol arredor do mediodía. Aquí se fai unha visita guiada pola cidade, o castelo de San Felipe y un paseo pola ría de Ferrol. Tras pasar a noite nun hotel de Ferrol, o domingo se regresa a Ortigueira, visitando Cariño, Cedeira e Santo André de Teixido.

1/9/09

Presentación do libro titulado Faragulliña dedicado ao afamado pan de Neda

Pablo Villamar presentará o xoves día 3 de setembro en Neda ás 20.00horas o libro de Xoán García adicado ao pan de Neda, no marco do programa turístico Ruta do pan de Neda, do Plan de Dinamización Turística Ferrol-Ortegal. Haberá unha sesión de contacontos por parte de Sabela Amado, que fará unha lectura da obra.

Este libro consiste nun conto infantil en verso no que fala dos produtos da panadería como se foran personaxes vivos que contan as súas aventuras.
Ao acabar, se lles regalará aos cativos un exemplar da obra e haberá degustación dos produtos típicos de Neda. O grupo musical Zoar do Vento, interpretará cancións relacionadas co nomeado pan de Neda, cuxa festa anual celebraráse este domingo no paseo marítimo, na zona do albergue de peregrinos.

5/8/09

A revista especializada Turismo Rural publica un interesante artículo sobre a comarca Ferrol Ortegal

"La Galicia Eterna", así titula a revista no número de xullo un interesante artículo sobre as Comarcas de Ferrol Ortegal e Terras de Ulla e Tambre.

Destaca unha costa salvaxe cunha oferta única, entre outras...
  • Cabo Ortegal e Vixía Herbeira, catalogada pola Unión europea como Lugar de interés Comunitario pola singularidade morfolóxica, polo interese natural e xeolóxico
  • Os cantís na confluencia do mar Cantábrico e Oceáno Atlántico, so hai 3 puntos coas richas máis antiguas que as que forman este cabo
  • Vixía Herbeira cos seus 613 metros de caída vertical no cantil máis alto da Unión Europea
  • Estaca de Bares a punta máis septentrional da Península Ibérica
  • A fervenza do Belelle que coas súas augas tan puras dan ao pan de Neda ese sabor especial
  • Os enormes arenais case virxes dónde se practican deportes de auga
  • Os castelos da Palma e San Felipe, as baterías militares por todo o litoral
  • O camiño milenario de santo André de Teixido, máis antigo que o Xacobeo
  • Festival Internacional do Mundo Celta, en Ortigueira donde atopamos a tradición da cultura galega e o folclore
  • A gastronomía coas inconfundibles materias primas: o polbo á mugardesa, os pimentos do Couto, as conservas de Cariño, o percebe de Cedeira, o pan de Neda...
En definitiva, destaca que Ferrol Ortegal ofrece como destino rural todos os servizos, a hospitalidade da xente e unha natureza salvaxe e por descubrir.

A revista Turismo Rural e unha importante publicación especializada no turismo rural, outras formas de viaxar e divertirse.

http://www.revistaturismorural.es/
http://www.ferrolortegal.com/

El PDPT Ferrol Ortegal presenta material promocional en Ferrol

El Plan de Dinamización Turístico de Ferrol Ortegal a través de Pablo Villamar presentó ayer en Ferrol en compañía del alcalde Irisarri y el concejal Ramón Veloso dos guías dedicadas al Ferrol de la Ilustración y al legado modernista de Rodolfo Ucha Piñeiro. Se pueden recoger en las oficinas de información turística.

Son 2.000 ejemplares de una primera edición con ilustracions de calidad de los destacados elementos arquitectónicos que tenemos en la ciudad. También habrá audioguías, Según Pablo Villamar la próxima semana habrá 250 mp3 en la zona y se repartirán en Ferrol, Cedeira y Ortigueira.

Ramón Veloso recordó que la Diputación colaborará también en la señalización de los elementos turísticos de la ciudad.

31/7/09

O PDPT Ferrol Ortegal achega fondos para construir a Área Recreativa do Toxo na serra da Capelada

Pablo Villamar estivo onte en Cedeira donde explicou que no pasado pleno da Deputación aprobouse un convenio de colaboración co Concello de Cedeira, en virtude do cal a administración provincial colaborará na mellora do acondicionamento dalgúns servizos do pavillón municipal, como a climatización da piscina -actualmente en obras- e a dotación vestiarios no recinto, entre outras.
A achega provincial para esta intervención, orzamentada en 405.000 euros, é de 350.000, a práctica totalidade do gasto.
Pablo Villamar percorreu as instalacións deportivas e tamén visitou os terreos nos que se construirá a Área Recreativa do Toxo, intervención que se levará a cabo con fondos do Plan de Dinamización na serra da Capelada. Villamar confía en que esta obra, en proceso de licitación, poida acometerse despois do verán, “para que esté lista no Xacobeo”. O vicepresidente da Deputación tamén incidiu na importancia doutros proxectos que se acometerán na vila cedeiresa como unha ruta á capela de San Antón e novas intervencións na estrada de Santo André de Teixido. “Xa temos os proxectos e esperamos poder acometelos pronto”, explicou Pablo Villamar.

15/7/09

FEVE iniciará o próximo día 18 os percorridos entre Ribadeo e Ferrolterra.


FEVE confirma á comarca como destino do seu futuro tren turístico de gama media.


José Manuel Gómez Pereda de FEVE, acompañado do vicepresidente da Diputación, Pablo Villamar,do secretario da Asociación de Hosteleiros de Ferrol, Xan Carlos López e a xerente Pilar López, anunciaron o próximo arranque do tren costeiro entre Ferrolterra e Ortegal, un servizo que se pon en marcha por terceiro verán consecutivo en colaboración co Plan de Dinamización de Produto Turístico.


Os servizos iniciaranse este sábado, día 18, na estación de Feve de Ribadeo, onde se incorporarán turistas chegados en autobús desde A Coruña. Durante dous días percorrerá as dúas comarcas, nun paquete turístico que custa 124 euros aos adultos e 65, aos nenos. Gómez Pereda asegurou que nestes momentos están xa reservadas o 50% das prazas para o primeiro servizo.



Pablo Villamar valorou moi positivamente o funcionamento deste tren entre Ferrolterra e Ortegal, mentres que Xan Carlos López cualificouno como «un produto axeitado para as demandas actuais, xa que a xente busca viaxes curtos e de proximidade, e cuns prezos asequibles».

17/6/09

Video Promocional do PDPT Ferrol-Ortegal

Video Promocional do PDPT Ferrol-Ortegal. O destino turístico comprende as comarcas de Ferrol-Ortegal. (concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Somozas, San Sadurniño e Valdoviño). En concreto a zona do noroeste da provincia da Coruña. Destino máxico, de natureza salvaxe e entornos pouco masificados e ben conservados.

6/6/09

Ruta do Pan de Neda



Onte comezamos as viaxes regulares para realizar a "Ruta do Pan de Neda". Ata o día 4 de setembro todos os venres do verán contaremos con este servizo regular de visitas guiadas a través dos fornos nedenses, muíños e, como non, da Fervenza do Belelle, a razón de ser de esta tradición panadeira na vila.
As viaxes serán comercializadas polos diferentes establecementos turísticos do territorio das comarcas de Ferrol e Ortegal.
A ruta terá un custo de 10 euros/pax. Para nenos e nenas de todas as idades é gratuíto.

Desde o PDPT Ferrol-Ortegal queremos agradecer a súa colaboración ao Concello de Neda, á empresa Motus, á empresa Fertur e como non aos forneiros e forneiras de Neda (
Santa Rita, O Carrizo, La Gallega, La Nueva, José Castro e Roberto González), sen os cales non sería posible a configuración deste produto turístico. Para máis información www.turismoferrolortegal.com